Accesibilidade
A Federación Galega de Baloncesto procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesíbeis para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A Unión Europea, na resolución do Consello do 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesíbeis e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñíbel nas súas páxinas de Internet sexa accesíbel a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade aos contidos xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.
En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da Federación Galega de Baloncesto realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI do W3C.
Valid XHTML 1.1 - Valid CSS - Valid WAI AA