Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Benvida do presidente

Benvidos e benvidas ao portal web da Federación Galega de Baloncesto.

Tras case catro anos de camiño percorrido ao temón desta Federación, e tendo xa establecido na mesma un compromiso de comunicación bidireccional co todos os clubs galegos, temos agora un novo reto por diante.

A Federación desexa que todos os afeccionados ao baloncesto galego comproben como se renova constantemente, por dentro e por fóra,  e como cada día amosa novas áreas de interese deportivo e social.

Nesta liña, queremos seguir apostando pola rede para poder aportar un marco de actuación para cos clubs de absoluta complicidade e coherencia. Manteremos polo tanto a nosa actitude constante de traballo en prol da máis clara e concisa información e coa inquedanza de continuar sendo útiles para a gran cantidade de persoas que cada día consultan esta plataforma web.

Así mesmo, no aspecto humano, persistiremos na nosa intención de mellorar cada día o servizo directo aos clubs, aos xogadores e xogadoras galegos, dende os máis novos aos de categoría sénior,  e aos  afeccionados que dan vida a este marabilloso deporte.

Manifestando unha vez máis as nosas ganas de crecer e mellorar, trasladarvos tamén o noso agradecemento por SEGUIR XOGANDO CON NÓS.

Francisco Martín Micó
Presidente da Federación Galega de Baloncesto

© Federación Galega de Baloncesto 2007